Información COAAT AC

Espere un momento y no cierre esta ventana, por favor...

Pulse aquí para cerrar este mensaje

www.coaatac.org
21-08-2008
Parque Escultórico da Torre de Hércules, A Coruña
COLEXIO OFICIAL DE APARELLADORES E ARQUITECTOS TÉCNICOS DE A CORUÑA
Portada Correo Mapa del sitio
Español Galego English

4.- REXISTRO DE EDIFICIOS

No Rexistro de Edificios incluiranse aqueles edificios e construcións con obrigación vencida para a realización da inspección técnica de edificios e constará de dúas seccións. Na primeira, consignaranse os datos daqueles que teñan obtido informe favorábel da inspección efectuada, así como os que teñan realizado as obras ordenadas como consecuencia dunha inspección desfavorábel. Na segunda as dos que, sometidos a inspección técnica, teñan obtido un resultado desfavorábel de acordo ao estabelececido na presente Ordenanza, ou aqueles que non tivesen presentado en tempo e forma o informe referido no Artigo 34 da Ordenanza.

Na Sección primeira recolleranse os seguintes datos referentes aos edificios e construcións:

a) Emprazamento, características e nivel de protección no seu caso.

b) Data de construción ou, no seu defecto, ano aproximado.

c) Inspeccións técnicas, con indicación, no seu caso, da natureza das deficiencias subsanadas.

d) Determinación do titular da propiedade do inmóbel, así como domicilio a efectos de notificacións.

Na Sección segunda, recolleranse, cando menos os seguintes datos:

a) Titular rexistral da propiedade, referencia catastral e domicilio a efecto de notificacións

b) Emprazamento, características, nivel de protección do edificio e pertenza, no seu caso, ao centro histórico ou a Áreas de Rehabilitación e ordenanza de aplicación.

c) Data de construción ou, no seu defecto, ano aproximado.

d) Inspeccións técnicas realizadas con resultado desfavorábel ou data en que tivese vencido a obrigación de presentación do informe correspondente.

e) Indicación da natureza das deficiencias, así como cantos outros datos se consideren necesarios.

f) Descrición da orde de execución ditada.

Os datos do Rexistro serán públicos, con efectos estatísticos e informativos de conformidade coa normativa de protección de datos e do procedimento administrativo común. Os cidadáns poderán solicitar información sobre as inscripcións contidas no citado rexistro.

O Rexistro de edificios levarase de forma informatizada coas garantías estabelececidas na lexislación de procedimento.

Buscador

Introduza as palabras que desexa buscar

Tenda

Formación

Agosto 2008
LMmXVSD
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Si detectas algún vínculo o enlace que no funcione correctamente, por favor comunícalo al Gabinete Técnico del COAATAC

Descargar Acrobat Reader