Información COAAT AC

Espere un momento y no cierre esta ventana, por favor...

Pulse aquí para cerrar este mensaje

www.coaatac.org
21-08-2008
Panorámica da ría, Ferrol
COLEXIO OFICIAL DE APARELLADORES E ARQUITECTOS TÉCNICOS DE A CORUÑA
Portada Correo Mapa del sitio
Español Galego English

2.- PRAZOS

Os propietarios de edificios deberán efectuar a primeira inspección técnica dos mesmos dentro do ano seguinte a aquel en que lles for notificado que se inscribiron os edificios no Libro Rexistro correspondente.

Se, con anterioridade ao vencimento do prazo para a presentación do informe técnico, se apreciar a necesidade de levar a cabo determinadas obras de reparación, o propietario deberá acometelas, previa obtención da correspondente licenza. Se as obras fosen urxentes por constituir perigo ou risco para as persoas ou as cousas, porase en coñecemento da administración, mediante a presentación do oportuno informe técnico visado. Nestes casos, quedarán interrompidos os prazos previstos para a presentación da inspección técnica de edificios desde o momento da solicitude de licenza até a terminación das obras de reparación ou, se existise orde de execución, durante o prazo conferido por ésta para a súa realización.

Se no citado prazo non se presentou a acta da ITE favorábel visada polo correspondente Colexio Profesional, o Concello outorgará 3 meses máis para a presentar, con advertencia de que poderá realizarse de oficio á custa do obrigado.

O Concello poderá esixir a realización da Inspección Técnica do Edificio cando as circunstancias do mesmo así o fagan necesario. Neste caso, o requerimento deberá ser motivado con expresión do prazo outorgado para o cumprimento da obrigación, que non poderá ser inferior a seis meses.

Buscador

Introduza as palabras que desexa buscar

Tenda

Formación

Agosto 2008
LMmXVSD
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Si detectas algún vínculo o enlace que no funcione correctamente, por favor comunícalo al Gabinete Técnico del COAATAC

Descargar Acrobat Reader