PROXECTO COFINANCIADO POLA CONSELLERIA DE INNOVACION E INDUSTRIA
Proxecto cofinanciado pola Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.
VISADO DIXITAL
O Visado Dixital xa está operativo para todos os colexiados que o queiran empregar e cumpran cos seguintes requisitos:
- Realizar o curso de Visado Dixital.
Os colexiados que non teñan asistido aos cursos de Visado Dixital organizados polo COAAT-AC non poderán visar dixitalmente.
- Dispor dunha ID-Dixital (asinatura electrónica).
Para garantir a identidade dos titulares da documentación que se envía a visar. No curso explícase como creala.
- Dispor do programa informático Adobe Acrobat (Standard ou Professional).
Para xerar a documentación do proxecto e Nota de Encargo en formato PDF.
- Dispor dos cadros e Taboas de Codificación.
Facilitadas polo Colexio para cumprimentar a Nota de Encargo.
- Dispor da Tarxeta de pago colexial.
Para aboar as minutas correspondentes ao expediente. Pódese solicitar gratuitamente no COAAT-AC.
O obxectivo é que este sistema permita o visado de todo tipo de encargos, mais de momento estabelécese nas excepcións que se indican a continuación:
- Encargos con xestión de cobro a través do colexio.
Isto requeriría que os implicados (propiedade) dispoñan de sistemas de Identificación Dixital e de medios de pago adecuados.
- Certificados de Final de Obra.
Requere a coordinación destes procedementos con outros colexios profesionais.
- Informes ITE (Inspección Técnica de Edificios).
- Actas de Aprobación de plano de Seguridade.
Son documentos anexos á documentación.
- Informes ou Certificacións vinculadas a encargos de Dirección de Obra.
Son documentos anexos á documentación.
DOCUMENTACIÓN DE VISADO DIXITAL
Descarga toda a documentación necesaria para poderes visar dixitalmente.
CURSOS VISADO DIXITAL
Xa se teñen celebrado todos os cursos previstos de Visado Dixital. Celebraranse novos cursos no momento en que haxa 10 solicitudes en calquera das tres sedes colexiais.
Descarga aquí o boletín de solicitude e a documentación que se entrega nos cursos.
NORMATIVA DE APLICACIÓN RELACIONADA CO VISADO DIXITAL
Consulta aquí toda la normativa de aplicación relacionada con este sistema de visado.
PROMOCIÓN VISADO DIXITAL
Para incentivar o emprego do sistema de Visado Dixital, o COAAT-AC aplicará un desconto dun 20% sobre os gastos de dereitos de visado, ata finais de ano, para todos os visados que se tramiten dixitalmente.










