3.1.6. ACREDITACIÓNS

Acreditacións

Para poder exercer a profesión no ámbito territorial dun Colexio distinto do de residencia, é necesario acreditar a condición de colexiado no mesmo.
Esta acreditación realízase mediante certificación expedida polo Colexio de residencia, e que deberá ser achegada necesariamente no Colexio de acollida.
O citado certificado terá unha validez máxima de 30 dias, tempo no que deberán ser presentados os encargos profesionais correspondentes.
Para solicitar a citada certificación, deberá dirixirse ás oficinas colexiais, ou enviar por fax ao nº 981-223877 o impreso adxunto que se facilita no enlace.

Descarga no enlace o documento necesario para a acreditación.



Copyright © 2004 - 2010 COAATIE AC, Colexio Oficial de Aparejadores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación de A Coruña