En Xunta Xeral celebrada o 22 de decembro de 2008, aprobouse a creación da figura do precolexiado, para alumnos de Arquitectura Técnica ou Enxeñaría de Edificación.
Coa precolexiación, preténdese involucrar na vida colexial os alumnos de calquera Escola de Arquitectura Técnica ou de Enxeñería de Edificación da Comunidade Galega. Con esta nova figura, os alumnos matriculados que cumpran os requisitos acordados poderán, de forma gratuíta e por períodos dun ano prorrogables polo mesmo tempo, precolexiarse no Colexio, o que lles proporcionará as seguintes vantaxes:
Vantaxes da precolexiación:
Ao darse de alta no COAAT-AC como precolexiado, accédese ás seguintes vantaxes e servizos:
Páxina Web Colexial:
• Obtención dunha clave de acceso á páxina web colexial de Nivel 1, que permitirá consultar a práctica totalidade dos seus contidos.
Bolsa de Traballo:
• Posibilidade de visualizar, a través do Portal do colexiado da web corporativa, as ofertas de traballo xestionadas polo COAAT-AC.
Formación:
• Reserva dun 5% das prazas nos cursos incluídos no programa formativo do Colexio, nas mesmas condicións que os colexiados.
• Posibilidade de adquirir as publicacións do fondo editorial do Colexio beneficiándose de prezos especiais iguais que para os Colexiados.
• Información sobre outras accións formativas externas de interese para o profesional da construción. Biblioteca e Centro de Documentación.
• Libre acceso para consulta en sala de todos os fondos dispoñibles, compostos por máis de 7.000 títulos, revistas profesionais vivas, revistas mortas, normas construtivas, catálogos comerciais, etc.
• Acceso á base de datos lexislativa La Ley con máis de 2.300 rexistros activos.
• Acceso á base de datos lexislativa do sector, de elaboración propia, creada e mantida desde o Gabinete Técnico Colexial.
Asesoramento:
• Posibilidade de realizar consultas Administrativas e de Gabinete Técnico nas seguintes materias: laboral, xurídica, técnica, urbanística, seguridade e saúde e prevención de incendios.
Actividades Culturais e de Lecer:
• Acceso a todas as actividades culturais organizadas polo Colexio (exposicións, torneos, concursos, viaxes, cea do Patrón etc.), beneficiándose de prezos e condicións especiais similares ás dos Colexiados.
Información xeral e requisitos para a precolexiación:
O COAAT da Coruña ofrece gratuitamente aos alumnos de Escolas Universitarias de Arquitectura Técnica e Enxeñaría de Edificación ubicadas na Comunidade Galega, que lle resten por superar un máximo de dez asignaturas ou en Fin de Carreira, a posibilidade de precolexiarse e acceder á gran maioría dos servizos do Colexio.
A duración inicial da situación de precolexiado é de 1 ano, renovable por períodos iguais, sempre que se cumpran os requisitos esixidos. Por medio da precolexiación obterase dereito á utilización dos servizos colexiais indicados anteriormente. Exceptúanse, naturalmente, aqueles en que a lexislación e os estatutos esixan a titulación. Os precolexiados tamén recibirán os medios de difusión do colexio: a revista DePlano e as circulares colexiais e poderán acceder á web colexial coa clave privada de nivel 1 que se lle asigne.
¿Como precolexiarse?
Para precolexiarse basta con encher o impreso de precolexiación adxunto, como Declaración Xurada de cumprir os requisitos, e entregalo nas oficinas do COAAT-AC.
A cada precolexiado asignaráselle un número de precolexiación, que lle servirá para o uso dos diferentes servizos colexiais aos que poderá acceder.










