Ultimas Novas
09/03/2010
20. CERTIFICADO FINAL DA DIRECCIÓN DE OBRA NOVO (ARQUITECTO E APARELLADOR)
Informámosche que hai unha nova versión do modelo de Certificado Final de Obra para as obras CTE.
Podes descargarlo no enlace.
Ligazón
03/03/2010
CALENDARIO FISCAL MARZO 2010
Recordámosche que o próximo 31 de marzo finaliza o prazo para presentar a declaración anual de operacións con terceiros correspondente ao ano 2009 (Mod. 347). Están obrigados a presentar esta declaración quen desenvolvan actividades empresariais ou profesionais, xa sexan: persoas físicas, xurídicas ou entidades carentes de personalidade xurídica (sociedades civís, comunidades de bens, etc.), a condición de que realicen operacións que no seu conxunto, respecto doutra persoa ou entidade, superen a cifra de 3.005,06 euros no ano 2009. Pincha no enlace para descargarche o Calendario Fiscal. Ligazón
03/03/2010
XV EDICIÓN DOS PREMIOS DA ARQUITECTURA TÉCNICA Á SEGURIDADE NA CONSTRUCIÓN
O Consello Xeral da Arquitectura Técnica de España, CGATE, convoca a XV edición dos Premios da Arquitectura Técnica á Seguridade na Construción, destinados a distinguir as achegas, debidas á iniciativa pública ou privada, que supoñan un avance na prevención de riscos laborais nas obras de edificación. Consulta no enlace todo o relativo a estes premios. Ligazón
02/03/2010
CIRCULAR 1003
Xa está dispoñible a nova Circular 1003 co seguinte contido desenvolvido:
1.- GIE - Convenio coa UEM
2.- Normativa
3.- Oferta ATAYO: PREOC-PREMETI 2010
4.- Recordatorio visados: Certificación enerxética.
5.- Documentación adxunta.
Podes consultala no enlace.
Ligazón
01/03/2010
INSTRUCIÓN 3/2010 - CRITERIO PARA O CÁLCULO DA OCUPACIÓN EN LOCAIS DE PÚBLICA CONCURRENCIA
Publicouse no DOGA nº 40, de 1 de marzo, a Instrución 3/2010, de 19 de febreiro, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se establece o criterio para o cálculo da ocupación nos locais de pública concurrencia a efectos de definir os suministros complementarios ou de seguridade. Podes consultala no enlace. Ligazón
|